Monday 06 de May de 2024

Festas de Santa Cruz e do Santísimo Sacramento, esta fin de semana en Santa Cruz de Montaos


A parroquia de Santa Cruz de Montaos celebrará mañá sábado as súas festas na honra a Santa Cruz. O programa inclúe misa solemne ás 13.30 horas, ademais das actuacións do grupo de gaitas Os Pelexos e da orquestra Dúo Avenida, tanto na sesión vermú como na verbena nocturna.

Xa de cara ao domingo celebrarase a festa na honra ó Santísimo Sacramento. Novamente haberá misa solemne ás 13.30 horas e música a cargo dos Pelexos e da orquestra Bahía Blanca a mediodía.

Ademais de múltiples firmas comerciais, así como veciños e veciñas, na festa tamén colabora o Concello de Ordes.